QUE NON VOS SEPAREN

Non o soltes. Non te separes do teu bebé. Sosteno sobre ti, a carón do teu peito, rozando a súa pel coa túa pel.

Úleo, tócao, respírao, deixa que esperte en ti o instinto.

Non tes que deixalo no berce para que aprenda, agora precisades estar preto. Ese berce trampa* que en canto te descoidas, xiran e se levan ao teu bebé para bañalo e perfumalo. E ti que querías ser a primeira en facelo.

Non permitas que o leven, ningunha proba rutineira xustifica separalo de ti ou que non esteas presente. Non deixes que o afasten de ti e lle ofrezan soro glicosado porque choraba desconsolado na túa ausencia.

Non permitas que che digan que é bo que chore e que ti es egoísta por non querer que todo o mundo colla ao teu bebé.

Ninguén nun hospital pode obrigarte a separarte do teu pequecho san, ninguén está por riba das túas decisións. Ás veces pode resultar cansado loitar por cambiar as cousas pero non dubides que o resultado paga a pena.

 

*no Hospital Xeral de Vigo, actualmente (e á falta de ver as novas instalacións) nas habitacións de maternidade hai uns berces que se viran cara unha sala pequena onde o persoal cambia e asea ao bebé, sen avisar moitas veces á nai e sen pedir permiso para algo tan íntimo. E soen aproveitar para realizar probar ou levarse ao neno/a a realizalas sen opción ao acompañamento da nai ou outra persoa responsable do bebé.                    

 

Mais info:

CAMPAÑA QUE NO OS SEPAREN

<
Etiquetas: 
Categoría: 
0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.