Entradas con la etiqueta bebes

05 Ago '15 · QUE NON VOS SEPAREN

Non o soltes. Non te separes do teu bebé. Sosteno sobre ti, a carón do teu peito, rozando a súa pel coa túa pel.

Úleo, tócao, respírao, deixa que esperte en ti o instinto.

Non tes que deixalo no berce para que aprenda, agora precisades estar preto. Ese berce trampa* que en canto te descoidas, xiran e se levan ao teu bebé para bañalo e perfumalo. E ti que querías ser a primeira en facelo.

Non permitas que o leven, ningunha proba rutineira xustifica separalo de ti ou que non esteas presente. Non deixes que o afasten de ti e lle ofrezan soro glicosado porque choraba desconsolado na túa ausencia.

Non permitas que che digan que é bo que chore e que ti es egoísta por non querer que todo o mundo colla ao teu bebé.

<
Etiquetas: 
Categoría: