Equipo Blog
18 Abr 2015
  •  
0 comentarios

Relatorio en Tomiño

A nosa asociación foi recentemente convidada polo Concello de Tomiño (Pontevedra) para celebrar o Día Mundial da Saúde, así que o pasado 9 de abril Elena Gil e Pili Millán, compañeiras de El parto es nuestro-O parto é noso, deron alí unha charla baixo o título "Dignificando o parto e nacemento: unha visión normalizadora do embarazo, parto e aleitamento". Porque cremos que outro xeito de parir é posible. Porque ciencia e instinto poden e deben complementarse. Porque toda muller ten dereito a ser informada e escoitada e a escoller a opción que máis se adapte ao que ela considere mellor para ela e o seu bebé. Esta charla foi un xeito de achegar a nosa asociación a máis mulleres. Moitas grazas ao Concello de Tomiño por confiar na nosa organización para tratar estes temas esenciais da saúde sexual da muller.