Do novo hospital de Vigo

Dende O Parto é Noso- El Parto es Nuestro estamos expectantes ante o próximo traslado dos diferentes servizos sanitarios especializados relacionados coa atención ao embarazo, parto e nacemento (xinecoloxía, obstetricia, neonatoloxía- pediatría) ao novo hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo. Tememos que pese a ser unha oportunidade excelente para cambiar certas formas de actuación e protocolos obsoletos e abandonar infraestruturas pouco “amigábeis” co parto, as cousas pouco van cambiar e mesmo, sospeitamos que podan ir a peor. 

Ademais, mentres o cambio non é efectivo, moitas mulleres e os seus bebés están sufrindo unha atención moi minguada en calidade no Hospital Xeral, por falta de persoal (que se divide entre ambos hospitais), porque as instalacións están nun estado lamentábel (mamás que se quedan pechadas na sala de dilatación, cadeiras de brazos vellas para trasladar as que están en bo estado ao novo hospital, etc). Ademais, mestúranse pacientes xestantes e non xestantes, mulleres que acaban de parir, etc co conseguinte risco de infeccións e a molestia que pode ocasionar. 

Como recolle o xornal dixital “Vigo al Minuto” o día 3 de agosto de 2015, o persoal de obstetricia fai chegar unha carta á Consellería de Sanidade e á Xerencia do novo Hospital onde expoñen con detalle as graves deficiencias na planificación do servizo  e que reproducimos a continuación (o enlace á nova é o seguinte: http://www.vigoalminuto.com/2015/08/03/personal-de-obstetricia-advierte-...)

“O Hospital de Día Obstétrico, onde se realizan os controis ao final do embarazo, fora obviado no deseño inicial do hospital, e terminou por resultar a catro plantas de distancia e no lado oposto do paritorio e quirófanos”. A  xuízo dos profesionais, isto é unha “neglixencia” xa que existen diferentes ocasións nas que é preciso trasladar á paciente de forma urxente ao quirófano. Por iso, salientan que é precisa unha solución que pasa por“situar este espazo dentro do bloque obstétrico, ou o máis preto posíbel”.

Ademais, indican, “en  Urxencias Obstétricas, onde se reciben pacientes que veñen por diferentes motivos (rotura de bolsa, cólicos nefríticos, sangrados, vómitos persistentes, etc.) e que ás veces requiren soroterapia, analíticas de sangue e urina, monitorización fetal, etc., tendo que pasar varias horas nestes boxes”, non hai baños e lavabos nas habitacións “obrigando a que as pacientes acudan ao baño da sala de espera na que tamén se atopan os acompañantes”. Ao seu xuízo, esta situación debe ser solucionada engadindo baños en todas as habitacións.

Polo que se refire á Reanimación do Acabado de Nacer por cesárea, ou Parto Instrumental, “está fóra do bloque cirúrxico, cando debería atoparse dentro do propio bloque, nada máis saír do quirófano onde debería estar agardando o equipo pediátrico”.

A isto engaden que “o cuñero das doce salas de dilatación atópase na zona limpa do bloque cirúrxico, xusto enfronte das entradas a quirófanos, co conseguinte paseo de persoal con material sucio logo de pasar polo extenso corredor das dilatacións”.

Por último, subliñan que as pacientes que fiquen ingresadas tanto en paritorio como no servizo de obstetricia, “terían que pasar cos seus acompañantes por toda a sala de espera e atravesar o paritorio”.

 

Agardamos que se resolvan estas deficiencias antes do traslado definitivo e que mentres se dea unha atención axeitada ás mulleres e os seus bebés no Hospital Xeral. Animamos dende aquí a presentar unha reclamación por escrito ante calquera problema ou carencia sufrida xa que é a forma máis potente que temos como usuarias de pedir cambios e apoiar a petición dos profesionais para unha atención máis digna, segura e axeitada. 

<
Categoría: 
3

Comentarios

Imagen de MatronaCunqueiro

Soy matrona en el hospital de Vigo, ya he ido a trabajar un par de días al hospital nuevo y me gustaría comentar los cambios que se han realizado, pues veo y me comentan que las embarazadas están asustadas.
La dilatación, expulsivo, alumbramiento y posparto inmediato se realiza en la misma sala, al igual que la epidural, donde hay un baño grande con ducha y las camas especiales para poder parir en cualquier posición. Disponemos de pelotas de varios tamaños y de dos TENS para uso durante dilatación/parto.
Es cierto que las consultas de urgencias no tienen baño, tán solo una de ellas lo tiene.
En cuanto a lo del cuñero en zona quirúrgica ya se ha arreglado.
Me gustaría que las mujeres y sus parejas vayan tranquilas, las cosas están cambiando, poco a poco como todos los grandes cambios.
un saludo

Imagen de Anónimo

Muchas gracias por la información... Es necesaria cuando te encuentras en esta situación de incertidumbre en un momento tan importante.

Imagen de Mamá al final del embarazo

Me han comentado que no se proporciona ni ropita, ni pañales, ...para los recién nacidos. Es cierto?

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.