REUNIÓN SÁBADO 28 DE XUÑO EN LUGO

 
O sábado 28 de xuño do 2014 de 11 a 13h no Centro de convivencia da Milagrosa (parque de Frigsa) de Lugo falaremos de novo sobre embarazo, parto e puerperio, coñeceremos un pouco máis sobre a atención ao nacemento no noso sistema de saúde e sobre os nosos dereitos e os de nosas fillas e de nosos fillos. 
 
Compartiremos experiencias, información e emocións. 
 
Bebés, nenas, nenos e demais persoas son sempre benvidas. 
 
Tratarase dunha reunión especial á que vos convidamos a achegarvos, xa que será a derradeira deste ano. Faremos o posíbel por retomar as nosas xuntanzas abertas en xaneiro do 2015, data na que o grupo lugués da asociación El parto es nuestro-O parto é noso cumprirá xa cinco anos.
Agradecemos a difusión deste aviso e desexámosvos un moi bo verán.
 
Unha aperta,
 
Susana e Cristina
Etiquetas: 
Categoría: 
0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.