O PARTO É NOSO PARTICIPA EN VIGO DUN MERCADO DE NADAL

 

 

 

Comezamos o ano informando dunha das últimas actividades realizadas nos derradeiros días do 2013.

Así os pasados días 21 e 22 de decembro, na fundación "SALES" de Vigo, organizouse un mercado de Nadal e O PARTO É NOSO estivo alí entre outros corenta postos máis.

No noso posto vendéronse algúns enseres para bebés de segunda man e tamén se aproveitou para dar a coñecer a nosa asociación por ,medio de panfletos e toda a información que as socias de Vigo alí ofreceron.

Moita xente xa nos coñecía e outra foi a primeira vez que escoitaba falar de nós.

Foi un fin de semana duro, pero ben gratificante.

 

0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.