Cortan a vaxina a unha muller contra a sua vontade e os Maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía dan a razón ao Hospital Costa do Sol

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía da a razón ao Hospital Costa del Sol a pesares de ter practicado unha episotomía (corte na vaxina) sen consentimento.

Dende O Parto é Noso sumámonos ao sentimento de indignación fronte a sentencia de dito Tribunal, que alega que as decisión das mulleres fronte ao parto son meros “desexos” que en todo caso quedan a criterio dos profesionais sanitarios cumprir ou non, pese a que a Lei recoñece o dereito da paciente a tomar decisións libres e informadas sobre a propia saúde e o seu corpo.

Esto supón que para practicar a episotomía (unha práctica médica con potencial lesivo) é preciso que exista un consentimento previo.

No caso de O. G. non se lle consultou (co agravante de ter por escrito a súa negativa a que se lle realizara o corte vaxinal). A consecuencia desta actuación padece incontinencia, infeccións de orina crónicas e dor nas relacións sexuais dende fai tres anos. Tivo que estar de baixa laboral durante 186 días por mor das secuelas.

El Parto es Nuestro denuncia o caso de O. G. como exemplo de mala praxe profesional  e de vulneración dos dereitos das mulleres á hora de decidir sobre as cuestións que atañen ao parto e nacemento.

 

ara ampliar información visita o noso blog estatal: 

blog

Categoría: 
0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.