Proxecto de creación escénica sobre violencia obstétrica

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con Enlata, o seu laboratorio escénico, adicou este ano o seu proxecto Ad hoc á violencia obstétrica.
 
Ademais das pezas teatrais representadas por catro compañías que aceptaron traballar neste proxecto, tiveron lugar relatorios arredor de diferentes aspectos da violencia obstétrica (aleitamento, sexualidade, secuelas psicolóxicas para nai e bebé...).
 
El Parto es nuestro-O Parto é noso participou na tarde do sábado 11 de abril na mesa redonda “A violencia obstétrica como violencia de xénero” con dúas intervencións:
 
-A violencia obstétrica e El Parto es nuestro, por Nuria Otero (Vicepresidenta)
 
-A violencia obstétrica e os grupos de mulleres, por Pili Millán e Tere Carbón (Coordinadoras de El parto es nuestro-O Parto é noso)
 
Queremos agradecer á comisión organizadora a oportunidade que se nos deu de participar nestas xornadas e a fantástica acollida que nos ofreceron.
 
Actualización maio 2015:
Desgrazadamente a raíz da participación nas devanditas xornadas, a sexóloga Martina González sufriu un ataque á súa liberdade, sobre o que podedes ler aquí

 

 
 
<
0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.