ATENCIÓN O PARTO NO CHOU, (complexo hospitalario universitario de Ourense)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(Sala do CHUO habilitada para partos non intervidos)

 

 

Hai uns días apareceu unha noticia no xornal “La Región” de Ourense sobre a atención ao parto no CHOU. O titular desa nova chamounos a atención e deixounos un pouco perplexas. Di “o 6% das nais opta polo parto sen asistencia médica”. Se isto fose certo e un 6% das nais optara por un parto sen asistencia algo grave estaría a pasar. Pero ao ler a noticia dámonos conta que o que o titular quere dicir é que o 6% das nais opta por un parto sen epidural e de baixa intervención, e aquí o dato tamén nos alarma. Que está a pasar para que só o 6% das mulleres consiga parir sen epidural?

 

A noticia fálanos de que as mulleres poden optar, dende finais do ano 2008, por dar a luz de maneira natural nunha sala habilitada para este fin. Como se para dar a luz de maneira natural fose necesario algún tipo de infraestrutura especial. Coma se fose unha tendencia de recente xurdimento, cando a realidade é que o parto de forma natural e fisiolóxica, sen epidural e sen medicalización, leva ocorrendo dende os comezos da humanidade.

 

O xefe de Obstetricia do CHOU di que os partos serán outra cousa no hospital ourensán, cando a arquitectura llo permita. Non é unha cuestión de arquitectura, é cuestión de cambiar a mentalidade dos profesionais; calquera sala de calquera hospital pode ser unha boa sala de partos se a muller ten toda a información e se lle da o tempo e a liberdade para parir como desexe.

 

Para esta reportaxe pediron a O Parto é Noso opinión sobre os partos naturais. Cremos que a nosa opinión non quedou clara, xa que no que a nosa resposta incidía é en que durante o embarazo, é importante que as mulleres reciban información e coidados dende Atención Primaria. E precisamente nese ámbito, Ourense fracasa, xa que hai moi poucas matronas nos centros de saúde (calculamos que 8 ou 9 en toda a provincia). As mulleres que non teñen matrona nos seus centros de saúde vense obrigadas a acudir aos hospitais para o seguimento do embarazo ou noutros casos son os seus médicos de familia os que fan os controis. Isto resta sensación de normalidade. Un proceso fisiolóxico e de saúde como é o embarazo, pasa a ser vivido como unha enfermidade cando o seguimento é levado dende un punto de vista puramente médico e hospitalario, en lugar de facelo dende un entorno máis amigábel e próximo como é o propio centro de saúde.

 

Se todas as mulleres tivesen toda a información sobre os distintos tipos de analxesia e o completo apoio do persoal sanitario, estamos seguras que non sería necesaria a epidural no 94% dos partos.

 

 

<
2

Comentarios

Imagen de Yo

Eu estiven nesa sala nos meus dous partos, Inda co segundo.empecei na do lado, e nos dous non quixen epidural. Ahí o control e inalámbrico e, na sala do lado, con cables, Inda que vin un inalámbrico. Por sorte cambiaronme a matrona, e levoume para esa sala, onde hai luz natural. O final terminei con días cesáreas, pero intentando un parto ata o último momento ( estaban preparándome para sondarme e a matrona preguntándome se tiña ganas de empezar, para non ir a quirófano)

Imagen de Mamadexia

Pois eu tiven un parto moi malo foi fai un ano era primeira,trataronme coma se fose un trouxo de esterco tras 3 días de contraccións seguidas e pasando de min supliquei que me mirara e faltaballe osíxeno a miña filla e fixéronme cesáreo, tras o erro que cometeron a miña compañeira tivo a súa filla no pasillo de urxencias e así moitas máis.
Está claro que si a miña economía poidera pagar un parto na casa e respetado así o faría.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.