Aprendendo

 
A Jessica Rodríguez
 
Os días 4 e 5 de xuño asistín ao monográfico “Parto medicalizado. Pertinencia e implicaciones físicas e emocionais”, que tivo lugar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). 
 
Era un curso dirixido a profesionais sanitarios, recoñecido polo sistema de formación continuada e pola IHAN, no cal se reservou un 10% das prazas a representantes de asociacións de lactancia, crianza e familias. Dentro deste cupo asistín eu, coma coordinadora de O parto é noso-El parto es nuestro.
 
Desgrazadamente non puiden asistir a todos os relatorios, mais para min foi un privilexio estar ao lado de profesionais coma os e as que alí interviron, con traxectorias brillantes.
 
Para rematar houbo un espazo para o debate, para compartir experiencias, para chorar, para abrirse...  Nese intre atopei as persoas que hai detrás de cada profesional, de cada nome, de cada bata que vemos nas consultas. 
 
Grandes persoas con dúbidas, con medos, pero tamén humildes e conscientes de cal é o xeito de facer as cousas, malia que ás veces non saiban se se podería ter feito algo máis ou doutra forma... 
 
Decateime de que as usuarias, (grávidas e/ou nais), estamos, temos que estar, no mesmo lado que estes e estas grandes profesionais. 
 
Que se implican e que cada día se preguntan até donde é saudábel involucrarse... 
... E perante a dúbida nunca quedan cortos e van un pouco máis alá. 
 
Que tamén precisan ese espazo
Espazo para compartir experiencias cos seus compañeiros e compañeiras
Espazo para coidarse
Espazo para falar 
Espazo para escoitar cando outro necesita botar fóra unha experiencia
 
Como usuaria e representante dunha asociación de familias, quero ofrecer o noso apoio a estes e estas profesionais que traballan a cotío na sanidade pública para mellorar as experiencias de parto e de nacemento para cada nai e cada bebé.
 
 
<
Categoría: 
1

Comentarios

Imagen de Jesica rodriguez

Moitas grazas polo recoñecemento ao esforzo posto neste proxecto formativo
E dende logo polo recoñecemento a labor dos profesionais que dende calquera dos campos do ámbito perinatal estamos a tentar a mellor atención a nais e bebes
Estamos na liña
Cada vez mais mans e esforzos están conseguindo o cambio

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.