Relatorio en Tomiño

A nosa asociación foi recentemente convidada polo Concello de Tomiño (Pontevedra) para celebrar o Día Mundial da Saúde, así que o pasado 9 de abril  Elena Gil e Pili Millán, compañeiras de El parto es nuestro-O parto é noso, deron alí unha charla baixo o título "Dignificando o parto e nacemento: unha visión normalizadora do embarazo, parto e aleitamento".
 
Porque cremos que outro xeito de parir é posible.
 
Porque ciencia e instinto poden e deben complementarse.
 
Porque toda muller ten dereito a ser informada e escoitada e a escoller a opción que máis se adapte ao que ela considere mellor para ela e o seu bebé.
 
Esta charla foi un xeito de achegar a nosa asociación a máis mulleres.
 
Moitas grazas ao Concello de Tomiño por confiar na nosa organización para tratar estes temas esenciais da saúde sexual da muller.
 
 
 

 

 

 

0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.