MATERNIDADES

 

 

 

O pasado sábado 4 de outubro, inaugurouse no bar A Repichoca, a marabillosa exposición fotográfica de Diana Fajardo, “Maternidades”.

Diana Fajardo,  nai e fotógrafa por “paixón, formación e devoción” deleitounos cunha fermosísima selección de fotos sobre o embarazo e o nacemento. Imaxes dunha calidade artística sensacional pero, sobre todo, imaxes cheas de tenrura.

Desde O Parto e Noso tivemos o pracer de acompañala coa celebración dunha mesa redonda baixo o tema “La importancia de nacer. Nacer ‘impronta’”. Durante dúas horas socias da asociación e demais país e nais que se acercaron, puidemos contar e compartir as nosas experiencias persoais acerca da importancia do nacemento e da separación, ou non separación, do bebé e a nai tras o momento do parto.

A tarde foi moi emotiva, rimos e choramos con cada una das historias, pero sobre todo, tivemos un rato para a reflexión sobre os problemas que xorden trala separación rutinaria nos hospitais dos recén nacidos e a importancia que ten o contacto pel con pel nas primeiras horas  despois do nacemento.

As fotografías de Diana Fajardo continuarán expostas en A Repichoca durante todo o mes de outubro.

Etiquetas: 
Categoría: 
0

Comentarios

Todavía no hay comentarios para este contenido.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.