Equipo Blog
19 Mayo 2014
  •  
0 comentarios

NOVO GRUPO LOCAL NA COMARCA DO SALNÉS

Despois dun inverno chuvioso, na primaveira florecen os Grupos Locais en Galicia, así que aquí estamos, na zona Pontevedra-Salnés.

Xa tiñamos gañas de ofrecer este espazo para informar, apoiar, asesorar e axudar a todas aquelas mulleres e futuras nais, país, ti@s, prim@s e tod@s @s intersad@s, que se acheguen ata o noso grupo para falar do tipo de atención o parto que existe na nosa comunidade, das opcións de parto respetado que temos, así como das recomedacións da Organización mundial da Saúde (OMS) para o parto, dos nosos dereitos e deberes como ususarias do sistema sanitario actual, dereitos do recén nacido e así poder mellorar entre todas as atencións recibidas por parte do sistema durante o embarazo, parto e posparto.


Parécenos especialmente importante que se cree nesta zona o Grupo Local, que podamos ofrezer información as usuarias que o demanden xa que nesta zona temos o Hospital do Salnés como o mais cercano para parir e como e ben sabido de todas e todos nós é o hospital de referencia en toda Galicia en canto a atención ó parto segundo as recomendacións da OMS.

O sábado 24 de maio as 11:00 horas, comezaremos a nosa andanza en Vilagarcía de Arousa, tentando crear nas nosas xuntanzas, un espazo de encontro e apoio e intercambio, sendo un brazo mais da Asociación O Parto é Noso.

Agardámosvos o
24 de maio
de 11:00hrs a 13:00 hrs no:

Auditorio Municipal Vilagarcía De Arousa