REUNIÓN DE SOCIAS OPEN

 

 

O domingo, 15 de decembro do 2013, tivo lugar a reunión de inverno (reunión semestral) das socias de O Parto é Noso – El Parto es Nuestro Galicia.

Á xuntanza acudiron socias dende tódalas provincias galegas, soas ou acompañandas polos seus peques e as súas parellas.

Reencontrámonos socias xa coñecidas e tamén puxemos caras a novas socias, choramos, rimos, compartimos experiencias vitais e, dende logo, un magnífico e estupendo xantar preparado por e para tódalas asistentes.

 Propuxéronse novas iniciativas, consensuáronse ideas, fóronse conformando  actividades para o próximo encontro de Grupos Locais que terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros 29 e 30 de marzo do 2014.

En definitiva, a esencia de O Parto é Noso en estado puro.   

Etiquetas: 
2

Comentarios

Imagen de Raquel núñez

No me enteré de wsta reunión. Era para coordinadoras de GL?

Imagen de Kris Amil

No, Raquel, era para todas as socias, hai dúas ao ano a de inverno e a de verán. A proxima é o encontro de grupos locais a finais de marzal e o primeiro día é para as coordinadoras pero polo que teño entendido o domingo é aberto atodas socias e acompañantes. Espero verte ali!. Un bico.

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Email addresses will be obfuscated in the page source to reduce the chances of being harvested by spammers.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.