
Co fin do verán e das vacacións estivais, retomamos as nosas xuntanzas abertas nos grupos locais en Galicia de O Parto é Noso.
Podes vir a compartir a tua experiencia ou a informarte sobre o embarazo, parto, posparto e lactancia.
VIGO
En Vigo temos novidades é que mudamos o lugar de reunión.
Agora vémonos no:
Centro Cívico de Teis,
en Camiño Maceiras s/n.
Con moito sitio para aprcar aparcar e ten bo acceso en bus urbán.
As xuntanzas serán os segundos sábados de mes (excepto se coincide con festivo).
-As próximas reunións en Vigo son:
13 de Setembro
11 de Outubro
8 de Novembro
13 de Decembro
*Horario: de 11:00 a 13:30 da mañá