
O domingo, 15 de decembro do 2013, tivo lugar a reunión de inverno (reunión semestral) das socias de O Parto é Noso – El Parto es Nuestro Galicia.
Á xuntanza acudiron socias dende tódalas provincias galegas, soas ou acompañandas polos seus peques e as súas parellas.
Reencontrámonos socias xa coñecidas e tamén puxemos caras a novas socias, choramos, rimos, compartimos experiencias vitais e, dende logo, un magnífico e estupendo xantar preparado por e para tódalas asistentes.
Propuxéronse novas iniciativas, consensuáronse ideas, fóronse conformando actividades para o próximo encontro de Grupos Locais que terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros 29 e 30 de marzo do 2014.
En definitiva, a esencia de O Parto é Noso en estado puro.