Enfermera (unverified)
7 Ene 2013
Este comentario vai dirixido directamente a Xana. Entendo que o ter a un fillo ingresado no hospital nada máis nacer faga que nos volvamos máis sobreprotectoras con él e queiramos estar con él todo o tempo, eu todavía non teño fillos pero eso non quita que me poida imaxinar o que ten que ser irte para a túa casa sin él, despois de telo nove meses dentro de tí. Pero tes que comprender que estamos nun hospital, e todo o que facemos non é con mala intención, nós non gañamos nada separando ás nais dos seus fillos nin quitándollos do peito se vemos que despois de media hora chupando non están comendo nada. O do horario de limpieza xa o expliquei no anterior comentario que escribin, penso que todo o mundo ten dereito a traballar en boas condicións, e a señora da limpieza non ten por qué andar esquivando persoas para facer o seu traballo, ademáis do risco que hai de caída se andades polo chan húmido. Igual pasa coa visita médica, como xa dixen antes, se pensamos no dereito da privacidade do menor estou segura de que estarás de acordo comigo en que ninguén máis que tí ten porqué saber porqué está ingresado o teu neno. Xa cambiando de tema e índonos á lactancia, que parece ser o que máis vos preocupa ademáis do acceso libre, pois decirte que o rexistro que levamos é nada máis para saber se vas a vir a darlle o peito ou non ó teu fillo, pois hai moita xente que non o fai, e despois se o neno chora non sabemos si darlle de comer ou esperar pola súa nai (parecerache estraño, pero aínda con portas abertas as 24 horas hai xente que non está alí todo o día) Agora vamos co que máis me chamou a atención do teu comentario, e foi o que fixo que me decidira a contestarche: ¿estás acusándonos de que o teu neno non collía ben o peito porque nós lle introducimos biberóns? se non entendín mal no teu comentario dis que o teu neno ingresou por unha baixada de glucosa, supoño que sabes que eso pasa cando non toma suficiente leite, non? (e que conste que eu non te estou acusando a ti, hai veces que tarda en subir o leite). Supoño que cando ingresou, os pediatras explicáronche que a principal medida que había que facer para manter os niveis de glucosa era que tivera un aporte suficiente de leite, asegúroche que o de darlle biberóns non foi capricho noso (e máis nestes tempos de crise), senon que foi polo seu ben. Ademáis que te podo asegurar por experiencia que o darlle biberón non interfire para nada que o neno agarre ou non agarre o peito. O dos 10 gramos non creo que cho dixeran por votarcho en cara, seguro que foi unha broma (xa o oín varias veces e non vin a ninguén que o tomara a mal) Xa para rematar, decirche que o método canguro é como ti dis para nenos prematuros, non para nenos a término, e intentamos que non teñades os nenos no colo todo o tempo máis que para que non se afagan (cousa que tamén é certa, non o vou a negar, porque non te imaxinas como se poñen logo cando vos ides), para respetar o seu sono, cousa que é moi importante tamén para eles; ainda que entendo que queirades telos todo o tempo en brazos, pero seguro que na casa non ides a estar cargando con eles todo o tempo, ¿ou si? Pois xa me despido, alégrome de que a pesar de todos estos problemas que contas, polo menos quedaras cunha boa impresión da maioría do persoal de neonatos, e espero que agora na casa a lactancia xa vos fora mellor.