Blog Galicia

Desde a organizacion do encontro, valorase moi positivamente a interese que espertou na sociedade a reivindicacion da ampliación do permiso maternal, así coma a convocatoria do evento e o movemento xerado nas redes sociais.
A pesar de que a xornada do pasado domingo tivo a calor e o sol como protagonistas principais, contar coa asistencia de familias de localidades tan distantes como Arteixo, Lalin, Vigo, Redondela, Vilagarcia ou A Coruña foi todo un logro.
Categoría: 

 

 

POLO DEREITO Á CRIANZA: XUNTANZA FAMILIAR REIVINDICATIVA EN SANTIAGO O 30 XUÑO AS 12H A PROL DA AMPLIACIÓN DO PERMISO MATERNAL

Nos xuntaremos na Praza da Quintana para xuntarnos e reclamar, nun ambiente familiar e lúdico, un permiso maternal de 6 meses mínimo (ca posibilidade de compartir co pai se asi o desexa a familia).

A xuntanza será as 12h e comeremos alí (cada quen levará o seu).

A idea xurde dun grupo de nais comprometidas que se coñecen a través das redes sociais e o acto conta co apoyo e colaboración de FEDEGALMA (Federación Galega de Asociacións de Lactancia) e de O Parto é Noso- El Parto es Nuestro.

Categoría: 

Estamos encantadas de darvos á benvida o Blog de O Parto é Noso, o grupo local de El Parto Es Nuestro en Galicia.

Levamos xa moitos anos traballando aquí, dende o 2006, e imos vendo como, pasiño a pasiño, as cousas están a cambiar. Pero iso non quere dicir, nin moito, menos, que sexan perfectas e que non teñamos que seguir traballando.

Somos máis de 60 socias, de tódolos recunchos de Galicia, e estamos organizadas en catro grupos: A Coruña, Lugo, Vigo e Santiago.

http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-coruna

http://www.elpartoesnuestro.es/pagina/grupo-local-lugo

Categoría: 

Páginas