Blog Galicia

Compartimos este cartel realizado por Alba Padró (IBCLC) sobre a xestión do aleitamento cando non hai bebé.
É moi importante que esta información chegue ás nais, aos grupos de apoio e aos e ás profesionais sanitarios.
 

 

Para ler máis...

Cuando la leche no es blanca

Lágrimas blancas

Ponencia sobre pérdida perinatal

 

10 Nov '14 · MATERNIDADES

 

 

 

O pasado sábado 4 de outubro, inaugurouse no bar A Repichoca, a marabillosa exposición fotográfica de Diana Fajardo, “Maternidades”.

Diana Fajardo,  nai e fotógrafa por “paixón, formación e devoción” deleitounos cunha fermosísima selección de fotos sobre o embarazo e o nacemento. Imaxes dunha calidade artística sensacional pero, sobre todo, imaxes cheas de tenrura.

Desde O Parto e Noso tivemos o pracer de acompañala coa celebración dunha mesa redonda baixo o tema “La importancia de nacer. Nacer ‘impronta’”. Durante dúas horas socias da asociación e demais país e nais que se acercaron, puidemos contar e compartir as nosas experiencias persoais acerca da importancia do nacemento e da separación, ou non separación, do bebé e a nai tras o momento do parto.

Etiquetas: 
Categoría: 

03 Sep '14 · REUNIÓNS EN OURENSE

 

En Ourense tamén retomamos a nosa actividade, reuniremonos nas seguintes datas:


27 de setembro 
25 de outubro
29 de novembro
20 de decembro
 
LUGAR:
no Liceo de Ourense, situado na Rúa Valentín Lamas Carvajal, nº5
 
HORARIO:
 
de 11.00 h - 13.00hrs da mañá
 
 
Etiquetas: 
Categoría: 
 
 
Na comarca do Salnés tamén nos reuniremos de novo a partir de setembro e faremolo os cuarto sábado de cada més
Confirmamos as datas dos meses de setembro e octubre:
 
27 sept y 25 oct
 
Veremos no:
 
Etiquetas: 
Categoría: 

Remotamos as reunións en LUGO, vemonos no mismo lugar que o ano pasado o ultimo sabado de cada mes.
 
 
Etiquetas: 
Categoría: 

 

 

Co fin do verán e das vacacións estivais,  retomamos as nosas xuntanzas abertas nos grupos locais en Galicia de O Parto é Noso.

Podes vir a compartir a tua experiencia ou a informarte sobre o embarazo, parto, posparto e lactancia.

 

VIGO

 

En Vigo temos novidades é que mudamos o lugar de reunión. 

Agora vémonos no:

 

Centro Cívico de Teis, 

en Camiño Maceiras s/n.

 

Con moito sitio para aprcar aparcar e ten bo acceso en bus urbán.

As xuntanzas serán os segundos sábados de mes (excepto se coincide con festivo).

-As próximas reunións en Vigo son:

13 de Setembro

11 de Outubro

8  de Novembro

13  de Decembro

 

*Horario: de 11:00 a 13:30 da mañá

 

Etiquetas: 
Categoría: 
 
O sábado 28 de xuño do 2014 de 11 a 13h no Centro de convivencia da Milagrosa (parque de Frigsa) de Lugo falaremos de novo sobre embarazo, parto e puerperio, coñeceremos un pouco máis sobre a atención ao nacemento no noso sistema de saúde e sobre os nosos dereitos e os de nosas fillas e de nosos fillos. 
 
Compartiremos experiencias, información e emocións. 
 
Etiquetas: 
Categoría: 

 

SEMANA MUNDIAL POLO PARTO E NACEMENTO RESPETADOS

Etiquetas: 
Categoría: 
 
É un pracer comunicar a creación do Grupo Local de Ourense, levabamos tempo detectando a necesidade consolidar a presenza de OPEN na nosa provincia, pois ben, conseguímolo, aquí estamos, e como sempre co obxectivo de contribuír a mellorar as condicións de atención a nais e fillos/as durante o embarazo, parto e posparto.
 
Etiquetas: 
Categoría: 
 
 
 
 
 
Despois dun inverno chuvioso,  na primaveira florecen os Grupos Locais en Galicia, así que aquí estamos, na zona Pontevedra-Salnés.
Etiquetas: 
Categoría: 

06 Mayo '14 · CAMBIO DATA DE REUNIÓN

 

imaxe de Ezequiel Alonso

 

 

Con motivo do día das letras galegas, o centro sociocultural de Conxo en Santiago de Compostela permanecerá pechado o sábado 17, e por este motivo mudamos a data da reunión de este mes para este sábado día 10 de maio, no mesmo horario, disculpade as molestias e vermonos este sábado! 

 

Etiquetas: 
Categoría: 

 

 

 

Rematou o 2013, voltamos no 2014 coas reunións de O PARTO É NOSO en Galicia.

É por iso que queremos convidar a todas as personas que queiran vir as nosas reunións a fazelo, para falar sobre  embarazo,  parto  e puerperio, do tipo de atención ó parto na nosa comunidade e sobre as opcións de partos que nela temos, tamén falaremos das recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde) e do Ministerio de Sanidade para o parto, así como  dos nosos dereitos como usuarias do Sistema Nacional de Saúde, e  dos dereitos dos recén nacidos.

 

 

 

Categoría: 

 

 

 

Comezamos o ano informando dunha das últimas actividades realizadas nos derradeiros días do 2013.

Así os pasados días 21 e 22 de decembro, na fundación "SALES" de Vigo, organizouse un mercado de Nadal e O PARTO É NOSO estivo alí entre outros corenta postos máis.

No noso posto vendéronse algúns enseres para bebés de segunda man e tamén se aproveitou para dar a coñecer a nosa asociación por ,medio de panfletos e toda a información que as socias de Vigo alí ofreceron.

Moita xente xa nos coñecía e outra foi a primeira vez que escoitaba falar de nós.

Foi un fin de semana duro, pero ben gratificante.

 

16 Dic '13 · REUNIÓN DE SOCIAS OPEN

 

 

O domingo, 15 de decembro do 2013, tivo lugar a reunión de inverno (reunión semestral) das socias de O Parto é Noso – El Parto es Nuestro Galicia.

Á xuntanza acudiron socias dende tódalas provincias galegas, soas ou acompañandas polos seus peques e as súas parellas.

Reencontrámonos socias xa coñecidas e tamén puxemos caras a novas socias, choramos, rimos, compartimos experiencias vitais e, dende logo, un magnífico e estupendo xantar preparado por e para tódalas asistentes.

 Propuxéronse novas iniciativas, consensuáronse ideas, fóronse conformando  actividades para o próximo encontro de Grupos Locais que terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros 29 e 30 de marzo do 2014.

En definitiva, a esencia de O Parto é Noso en estado puro.   

Etiquetas: 
 
 
chega o outono e con el chegan os cambios, mudamos de local de reunións en Lugo, a partir de outubro nos xuntaremos nun novo local situado:
 
Centro de convivencia da Milagrosa 
(situado no parque de Frigsa)
27003-Lugo
 
Lembramos que as datas siguen sendo as mesmas:
 
Categoría: 

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía da a razón ao Hospital Costa del Sol a pesares de ter practicado unha episotomía (corte na vaxina) sen consentimento.

Dende O Parto é Noso sumámonos ao sentimento de indignación fronte a sentencia de dito Tribunal, que alega que as decisión das mulleres fronte ao parto son meros “desexos” que en todo caso quedan a criterio dos profesionais sanitarios cumprir ou non, pese a que a Lei recoñece o dereito da paciente a tomar decisións libres e informadas sobre a propia saúde e o seu corpo.

Esto supón que para practicar a episotomía (unha práctica médica con potencial lesivo) é preciso que exista un consentimento previo.

Categoría: 

Rematou o noso parón do verán das reunións de O PARTO É NOSO en Galicia, e agora retomamos a actividade. É por iso que queremos convidar a todas as personas que queiran vir as nosas reunións a fazelo, para falar sobre  embarazo,  parto  e  puerperio, do tipo de atención ó parto na nosa comunidade e sobre as opcións de partos que nela temos, tamén falaremos das recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde) e do Ministerio de Sanidade para o parto, así como  dos nosos dereitos como usuarias do Sistema Nacional de Saúde, e  dos dereitos dos recén nacidos.

 

***As próximas reunións en A Coruña serán os días

SABADOS

14 de setembro

19 de outubro (por ser festivo o segundo sábado pasa ao  terceiro)

9 de novembro

14 de decembro

- Como sempre no

Categoría: 

 

A nosa asociación vén reclamando desde tempo atrás tanto nos medios de comunicación como coa nosa campaña UNIDOS EN NEONATOS, que as UCIS neonatais estean abertas,  durante 24h, para o acceso á familia directa do bebé, tanto nai como pai.

Etiquetas: 
Categoría: 

Páginas