Blog Galicia

 

O 6 de marzo de 2007 presentábase oficialmente, na Coruña o grupo local galego de El Parto Es Nuestro, O PARTO É NOSO, moitos anos, moitas reunións, encontros, viaxes, comidas, merendas, embarazos e partos temos compartido desde aquela.

Das nosas primeiras reunións, a cabalo entre Santiago e Coruña (cada mes nos reuníamos en unha cidade) pasamos a ter reunións periódicas cada mes na Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra. En Lugo tivemos durante uns anos.

Das primeiras 7 socias que se xuntaron un domingo de decembro en Monforte de Lemos, a poñernos cara e voz, a por as cabezas a pensare a soñar, chegamos a ser máis de 70.

Das nosas primeiras visitas ós hospitais onde nen se sabia o que era un plan de parto ata hoxe, onde sen ser nada ainda perfecto, temos logrado e celebrado cambios positivos para nos e para os nosos bebés.

Etiquetas: 
Categoría: 

26 Oct '16 · APOIO AS NAIS PRIMERIZAS


Nos últimos meses atopeime con varias mulleres que foran nais por primeira vez, de distintas idades, distinto nivel social, con vidas totalmente diferentes, pero todas coas mesma preocupacións, a mesma soidade, as mesmas dúbidas, as mesmas angustias en relación á súa maternidade e a ao seu comezo na lactación.

 

Percibo que botan de menos achegados que as apoien, profesionais que lles transmitan seguridade, que lles axuden a confiar nelas, no seu instinto de nai e nos seus bebés. Desta maneira terían máis claro o camiño nos primeiros día de vida do seu bebé.

 

Etiquetas: 
Categoría: 

A nosa asociación participará con una mesa infomativa este fin de semana na programación Parque das Utopías,  o día 12 venres estaremos con motivo da data de Celebración da Xornada de Xénero, Mulleres e Familias.

Deste xeito visibilizaremos e promocionaremos a nosa asociación e as campañas que levamos a cabo nela.

O evento é gratuito e aberto á cidadanía.  A feira desenvolvese nos arcos do Museo da Ciencia situado no parque de Santa Margarita.

 

O Parque das Utopías é moito máis ca unha programación

cultural para as familias: é un espazo, no Parque de Santa

Margarida, que convida a que soñemos un futuro mellor,

máis solidario, igualitario e respectuoso, convidándonos a

transformar a nosa realidade máis próxima.

Etiquetas: 

 

MESA REDONDA “Situación da atención ao embarazo e parto na área sanitaria de Vigo”.

 

O venres 20 de maio por mor da Semana Mundial do Parto e Nacemento respetados, celebrouse en Vigo unha mesa redonda con diferentes profesionais co obxetivo de analizar a situación actual da atención ao embarazo e parto na área sanitaria de Vigo.

Cada un dos profesionais invitados tivo un tempo para presentar as suas impresións e datos sobre o tema proposto.

Etiquetas: 
Categoría: 

 

El Parto es Nuestro-O Parto é Noso Galicia  organiza a mesa redonda:

“Situación actual da atención ao embarazo, parto e postparto na área sanitaria de Vigo: avances e retos”

 

O próximo venres día 20 de maio as 17:30hrs na:

Casa Galega da Cultura, situada na Praza da Princesa, nº2

 

Atendendo á chamada internacional que realiza o movemento Nuit Debout, para sair ás rúas e ocupar as prazas o 14 e 15 de maio, o 15M de Ourense quere ofrecer un espazo de encontro a todos os movementos e persoas loitadoras da nosa cidade.

A praza Maior de Ourense converterase no lugar onde escoitaremos as voces daquelas que sosteñen a chama da loita popular e cidadá ao longo de todo o ano. En defensa da lingua, do dereito á vivenda ou da liberdade de expresión.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(Sala do CHUO habilitada para partos non intervidos)

 

 

(imaxe extraída do xornal La Voz de Galicia do día 27/3/2016)

Fai un par de semanas liamos na prensa (La Voz de Galicia, Pontevedra Viva) que o Hospital Comarcal do Barbanza senta precedentes en canto ao parto humanizado,  facilitando o contacto inmediato do bebé con súa nai nada máis nacer, o que tamén coñecemos como pel con pel. Tamén nos Complexos Hospitalarios de Pontevedra e do Salnés levan a cabo esta práctica.

Categoría: 

 

O xoves 10 de decembro tivemos a sorte de poder presentar en Lalín a nosa asociación, gracias ao Grupo de Apoio á Lactación Materna Aloumiños de Leite, puidemos dar máis información ás mulleres da zona sobre todas as opcións de parto na nosa comunidade, como elaborar e onde presentar un plan de parto e moita información, toda ela necesaria para poder ter un parto máis respectado e menos intervido.

 

Etiquetas: 
Categoría: 

O pasado 23 e 24 de novembro celebráronse as IX Xornadas de Saúde perinatal e reprodutiva nas que se presentaron diversos relatorios para a mellora da atención ao parto normal e tamén para mellorar a comunicación entre os profesionais sanitarios e usuarias do SNSaúde.

 A xornada do 23 foi exclusivamente para persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde e outros servizos sanitarios públicos. 

 O 24 inaugurouse a xornada coa intervención de Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, xerente do Servizo Galego de Saúde, que sinalou a importancia da comunicación entre paciente e profesional sanitario, e a importancia de cumprir nas salas de parto, na medida que se poida, os plans de parto das mulleres. 

Como cada ano na histórica cidade de Santiago de Compostela vanse celebrar as IX Xornadas de Saúde Perinatal. Este ano serán nas datas 23 e 24 de novembro; estas Xornadas están dirixidas ao personal sanitario do Servizo Galego de Saúde do ambito da saúde materno infantil, ainda que se reservan prazas para persoal non sanitario pertencente a asociacións tanto de lactancia materna como de crianza.

O día 23 estará dirixida a obradoiros relativos a cuidados do neonato e a familia, solo pelviano ou dificuldades de succión.

O día 24 estará mais orientado a charlas dirixidas por profesionáis e ao debate no que participarán varias asociacións. 

Categoría: 

07 Oct '15 · O valor da información

Que pasa cando, a pesares de informarte, de pór todos os medios, as condicións e a preparación necesaria para un parto “normal”, o teu parto remata sendo intervido?

Que pasa cando te preparaches para ter un parto na casa e rematas nun hospital?

Que ocorre cando esas mulleres que desexa e loitan por un parto vaxinal acaban en cesárea?

Como se pode dixerir algo así? Doe especialmente enfrontarse a unha indución agora que es unha muller empoderada, informada, que coñeces o que pode pasar e como está moitas veces o sistema?

Etiquetas: 
Categoría: 

22 Sep '15 · Do novo hospital de Vigo

Dende O Parto é Noso- El Parto es Nuestro estamos expectantes ante o próximo traslado dos diferentes servizos sanitarios especializados relacionados coa atención ao embarazo, parto e nacemento (xinecoloxía, obstetricia, neonatoloxía- pediatría) ao novo hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo. Tememos que pese a ser unha oportunidade excelente para cambiar certas formas de actuación e protocolos obsoletos e abandonar infraestruturas pouco “amigábeis” co parto, as cousas pouco van cambiar e mesmo, sospeitamos que podan ir a peor. 

Categoría: 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Co fin do verán retomamos as nosas xuntanzas abertas nos grupos locais en Galicia de O Parto é Noso.

Podes vir a compartir a tua experiencia ou a informarte sobre o embarazo, parto, posparto e lactancia.

 

 

 

VIGO

 -En Vigo temos novidades é que mudamos o lugar de reunión. 

Agora vémonos no:

 Local da ONG MÉDICOS DO MUNDO, 

en rúa/ Illas Baleares nº15 baixo (esquina co caleixón de San Amaro).

 

As xuntanzas serán os segundos sábados de mes:

12 de Setembro

10 de Outubro

14  de Novembro

12  de Decembro

 

*Horario: de 11:00 a 13:30 da mañá

 

Etiquetas: 
Categoría: 

05 Ago '15 · QUE NON VOS SEPAREN

Non o soltes. Non te separes do teu bebé. Sosteno sobre ti, a carón do teu peito, rozando a súa pel coa túa pel.

Úleo, tócao, respírao, deixa que esperte en ti o instinto.

Non tes que deixalo no berce para que aprenda, agora precisades estar preto. Ese berce trampa* que en canto te descoidas, xiran e se levan ao teu bebé para bañalo e perfumalo. E ti que querías ser a primeira en facelo.

Non permitas que o leven, ningunha proba rutineira xustifica separalo de ti ou que non esteas presente. Non deixes que o afasten de ti e lle ofrezan soro glicosado porque choraba desconsolado na túa ausencia.

Non permitas que che digan que é bo que chore e que ti es egoísta por non querer que todo o mundo colla ao teu bebé.

Etiquetas: 
Categoría: 

 

Un ano máis, no mes de Xuño, O parto é Noso celebra as súas últimas reunións antes da pausa do verán.

É un tempo de reflexión, de volver a vista atrás e avaliar como resultou este “curso” que remata. E coma sempre, non podemos deixar de agradecervos o apoio e a participación nas diferentes actividades que desenvolvemos dende setembro de 2014 até agora.

Etiquetas: 
Categoría: 

01 Jul '15 · Aprendendo

 
A Jessica Rodríguez
 
Os días 4 e 5 de xuño asistín ao monográfico “Parto medicalizado. Pertinencia e implicaciones físicas e emocionais”, que tivo lugar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). 
 
Era un curso dirixido a profesionais sanitarios, recoñecido polo sistema de formación continuada e pola IHAN, no cal se reservou un 10% das prazas a representantes de asociacións de lactancia, crianza e familias. Dentro deste cupo asistín eu, coma coordinadora de O parto é noso-El parto es nuestro.
 
Desgrazadamente non puiden asistir a todos os relatorios, mais para min foi un privilexio estar ao lado de profesionais coma os e as que alí interviron, con traxectorias brillantes.
 
Categoría: 

 

Hai uns días unha das nosas coordinadoras de El parto es nuestro - O parto é noso, Pili Millán, participou nun debate sobre a violencia obstétrica na radio Cuac da Coruña.
 
Temos que dar grazas a radio Cuac por contar connosco para esta tertulia e por poñer de manifesto un tema de tanta actualidade e que tantas discrepancias xenera.
 
Iniciativas coma esta, na que participaron representantes de varios ámbitos, son as que fan que este grave problema de saúde pública se faga visible para a sociedade.
 

A violencia obstétrica estase a visibilizar, malia que lentamente...

Categoría: 

Páginas