Lunes, 5 de septiembre del 2011Nota de prensa
Novamente El parto es nuestro-O parto é noso detecta, a partir das testemuñas das usuarias do sistema sanitario, que nos hospitais galegos seguen a incumprirse as directrices da OMS, a Estratexia do Ministerio de Sanidade e a propia Guía técnica do SERGAS sobre atención ao parto. Na maioría dos hospitais, o tener ou non un parto respectado depende do factor sorte.
Os únicos hospitais galegos que actualmente contan cun protocolo de actuación que cumpra coas devanditas recomendacións son o do Salnés, que ademais pertence á rede IHAN, e o de Cee. Porén, o primeiro, en determinadas épocas nas que se atopa sobrecargado, e o segundo, con carácter xeral, non aceptan mulleres de fóra da súa área de influencia. Para denunciar esta preocupante realidade, El parto es nuestro-O parto é noso elaborou a seguinte nota de prensa: Dende a asociación El Parto Es Nuestro-O Parto é Noso, integrada por mulleres e profesionais que defenden os dereitos das nais e dos recén nados a recibir unha atención ao nacemento óptima e axeitada ás recomendacións recollidas na Estratexia de atención ao parto normal do Ministerio de Sanidade e mais na Guía técnica do proceso de atención ao parto normal e ao puerperio do SERGAS, ambas do ano 2008, queremos denunciar o reiterado incumprimento destes textos e o neglixente retraso na implementación dos cambios precisos en todos os hospitais de Galicia. Como asociación de usuarias constatamos que os nacementos seguen a atenderse con procedementos e protocolos intervencionistas e non axustados á evidencia científica actual, vulnerándose, entre outras normas: - os artigos 15 (dereito á integridade física e moral), 17 (dereito á liberdade) e 18 (dereito á intimidade persoal e familiar) da Constitución española - a Convención de dereitos do neno de 1989 - a Carta europea de dereitos do neno hospitalizado de 1986 - a Lei 41/2002, básica reguladora da autonomía do paciente Resulta escandaloso que só exista unha atención respectuosa aos nacementos nun único hospital de toda Galicia, o comarcal do Salnés, o que leva a moitas mulleres da Comunidade autónoma a pedir a derivación ao mesmo, coa conseguinte sobrecarga de traballo, que empeora a calidade asistencial e a merma dos dereitos das e dos traballadores sanitarios do devandito centro. Polo tanto, esiximos que se empece a traballar axeitadamente en todos os hospitais galegos, comezando polos grandes hospitais universitarios, que atenden unha grande poboación, mais teñen a resposabilidade de formar aos novos profesionais. Cremos que esta formación debería basearse en evidencia científica actualizada, coa finalidade de erradicar prácticas e protocolos obsoletos e demostradamente nocivos para a saúde materno-infantil. Solicitamos que as nosas autoridades políticas sanitarias insten aos profesionais e aos responsábeis de cada hospital a cumprir as súas obrigas de boas prácticas nas actividades asistenciais, tendo en conta ademais que tanto a mellora da calidade da atención ao parto coma a formación continuada na materia están previstas no Plan de prioridades sanitarias 2011-2014 do SERGAS. Cómpre, por último, lembrar que o parto fisiolóxico e o método nai canguro, xunto con ser o máis beneficioso e seguro para a nai e o bebé, son moito menos costosos economicamente. En tempos de recorte do gasto público, este é un motivo máis para implantalos nos nosos hospitais. É un dereito fundamental das familias galegas o de ser atendidas no nacemento das súas fillas e dos seus fillos da mellor maneira posible. E é un deber dos profesionais sanitarios o de formarse na súa especialidade e actuar conforme ás recomendacións actuais, baseadas na evidencia científica e no respecto ás persoas. Nota de prensa en pdf Martes, 16 de agosto del 2011Reunións abertas segundo semestre 2011: A CORUÑA, LUGO e VIGO![]() Falemos de parto Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada A CORUÑA Centro Cívico do Castrillón Plaza de Pablo Iglesias s/n A Coruña Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00 10 de setembro 8 de outubro 12 de novembro 10 de decembro LUGO Centro Social Maruja Mallo Rúa Carril das Hortas s/n Lugo Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30 27 de agosto 24 de setembro 29 de outubro 26 de novembro 17 de decembro VIGO Centro Cívico de Saians Bajada a la Playa, 83 Saians Primeiro Sábado de cada mes de 10.30 a 13.30 3 de setembro 1 de outubro 5 de novembro 3 de decembro Jueves, 2 de junio del 20117 de Xuño - Campaña "Ponte na súa pel"![]() Con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Nacemento, o 7 de xuño de 2011, convidámosche a unha sesión cinema fórum para ver o pase do documental "Restaurar a paradigma orixinal" do Dr. Nils Bergman que ofreceremos en máis de 40 lugares de España e Portugal, e varios máis en Latinoamérica. A campaña "Ponte na súa pel", é unha colaboración entre A Plataforma pro Dereitos do Nacemento e a Asociación O Parto é Noso e pretende facer chegar a súa mensaxe ao maior número posible de particulares e profesionais implicados no embarazo, o parto e o puerperio para lograr unha maior concienciación da sociedade en xeral e dos procesos médicos cara á humanización do momento do nacemento. Mediante un folleto explicativo e a proxección dun documental, esta campaña defende a necesidade de facer que, nos nacementos, o proceso natural do parto sexa respectado, limitando o intervencionismo e o uso de medicamentos aos casos nos que estes sexan necesarios. Ademais, subliña a importancia de manter o vínculo entre a nai e o neno mediante a non separación no momento de nacer. O documental proxectarase o 7 de Xuño en diversos centros culturais de España, Portugal e Latinoamérica, para a continuación abrir un debate entre os asistentes. En Galiza celebrarase este acto nos seguintes lugares: LUGO: 7 xuño ás 18h no Centro social Maruja Mallo A CORUÑA: 7 xuño ás 18h na sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia OURENSE, : 7 xuño ás 18.30h no Auditorio municipal VIGO: 7 xuño ás 18h na Fundación Eomaia Aquí podedes baixar o programa completo da xornada , onde podedes atopar tamén os datos de tódalas proxeccións VIDEO Semana mundial do parto respectado
O sábado 21 de maio pola mañá algunhas socias de O parto é noso puxemos unha mesa informativa na Praza Maior de Lugo, con ocasión da Semana mundial do parto respectado, cuxo lema este ano rezou "Parir onde, como e con quen queiras".
Na foto podedes ver a Yolanda (co Martiño), Patricia López e Susana (coa Eva). Trala cámara está Mary, de Vigo, que viaxou até Lugo coa súa familia para botar unha man nesta actividade. A prensa fíxose eco aquí ![]() Lunes, 31 de enero del 2011Reunións abertas primeiro semestre 2011: A CORUÑA, LUGO e VIGO![]() A CORUÑA Centro Cívico do Castrillón Plaza de Pablo Iglesias s/n A Coruña Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00 8 de xaneiro 12 de febreiro 12 de marzo 9 de abril 14 de maio 11 de xuño LUGO Centro Social Maruja Mallo Rúa Carril das Hortas s/n Lugo Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30 29 de xaneiro 26 de febreiro 26 de marzo 30 de abril 28 de maio 25 de xuño VIGO Centro Cívico de Saians Bajada a la Playa, 83 Saians Primeiro Sábado de cada mes de 10.30 a 13.30 8 de xaneiro (segundo sábado) 5 de febreiro 12 de marzo (segundo sábado) 2 de abril 7 de maio 4 de xuño Falemos de parto Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada Martes, 28 de diciembre del 2010FELICES FESTASDomingo, 17 de octubre del 2010O Parto é Noso participa nas xornadas da Universidade da Coruña para a Humanización do Parto
A nosa presidenta, Marta Parra, estará nas Xornadas da Universidade o xoves 21 de outubro para falar de "O que contan as mulleres".
![]()
Domingo, 5 de septiembre del 2010O Parto é Noso participa nas conferencias "Las distintas caras de la vivencia maternal"
O día 8 de setembro comenza na Aula SocioCultural da Fundación Caixa Galicia de A Coruña, un ciclo gratuito de conferencias organizado por "Ser Doulas". O Parto É Noso participará nalgunha delas conxuntamente con outras asociacións, profesionais e nais.
Invitámovos a todos a asistir. Informámovos que debido á folga xeral programada para o día da nosa conferencia, ésta pásase ó 15 de decembro, ás 17 hs. Grazas e perdoade as molestias.
Jueves, 26 de agosto del 2010Reunións abertas segundo semestre 2010: A CORUÑA, LUGO e VIGO![]() ESTE SEMESTRE COMEZAMOS A REALIZAR REUNIÓNS ABERTAS EN VIGO. A PRIMEIRA SERÁ O VINDEIRO DIA 4. ESPERAMOSVOS !! Falemos de parto Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada A CORUÑA Centro Cívico do Castrillón Plaza de Pablo Iglesias s/n A Coruña Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00 11 de setembro 9 de outubro 13 de novembro 11 de decembro LUGO Centro Social Maruja Mallo Rúa Carril das Hortas s/n Lugo Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30 25 de setembro 30 de outubro 27 de novembro 18 de decembro VIGO Centro Cívico de Saians Bajada a la Playa, 83 Saians Primeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30 4 de setembro 2 de outubro 6 de novembro 4 de decembro Viernes, 6 de agosto del 2010Novas na prensa - verán 2010![]() Éstes últimos días, aínda que cesaron as xuntanzas presenciais de nais de O Parto é Noso por mor do verán, tivemos o gusto de ler un par de artigos moi interesantes na prensa. O primeiro : Regreso al parto doméstico fai alusión ó tema do parto no fogar, que por desgracia resulta extremadamente complicado hoxe por hoxe na nosa comunidade, pola ausencia de profesionaís cualificados que se adiquen plenamente a elo. Aínda que é unha opción segura e desexada por cada vez mais mulleres que sen embargo non poden acceder a ela. Queremos sinalar que o precio estimado de 600-800€ , é en realidade moi inferior (aproximadamente a metade) do valor real da atención de este tipo de nacementos , xa que se trata de pagar unha dispoñibilidade total dunha matrona -ou varias- durante o tempo estimado en que podería nacer o bebé que veñen sendo 5 semanas : entre a 37 e a 42 de xestación mais as visitas pre e posparto que sexan oportunas. E o traballo e responsabilidade que supón a atención o parto en si mesmo. Un precio xusto, pensamos, por un servizo que coidamos debería estar recoñecido e incluído na nosa sanidade pública porque é un dereito das usuarias poder elixir o tipo de atención e o profesional que estimemos mais oportuno. Neste caso sería unha matrona: a verdadeira profesional da maternidade, e o tipo de atención sinxelamente: a domicilio. A segunda nova : Las rutinas del paritorio fala mais da atención ó parto convencional nos hospitáis, e expón breve pero claramente en que consisten as malas prácticas, que aínda se siguen cometendo en case todos os centros sanitarios do noso país. Faise complicado de comprender e imposible de aceptar, que sigamos con estas, e que teñamos que loitar por cambiar algo tan absurdo e contraproducente, que de feito nunca tiña que ter empezado a suceder, como é a atención medicalizada-interventiva dos nacementos. Tamén deixamosvos un video da nosa compañeira Natalia Vázquez falando da importancia da lactación nunha reportaxe da cadea Cuatro. No video saen ela e maila súa filla Marina, de 4 anos, que disfruta da lactación en tandem xunto co seu irmán pequeno Miguel, que veu o mundo nun precioso parto respectado fai un par de meses. Unha forte aperta para eles http://www.cuatro.com/1/7-hckny36gngbqe/ Bon verán a tod@s e ata setembro! Jueves, 22 de julio del 2010VACACIONES![]() Durante julio y agosto O PARTO É NOSO está de vacaciones... En Septiembre reanudaremos nuestras reuniones en Coruña y Lugo y empezaremos las de Vigo!!! En breve tendremos fechas y os las haremos saber... las colgamos aquí, como siempre. Muchas gracias a tod@s y hasta pronto!!! Viernes, 23 de abril del 2010Reunión aberta temática en A Coruña o 8 de maio
CHARLA-TALLER SOBRE PLAN DE PARTO - A CORUÑA
Día: 8 de Mayo de 2010 Hora: 11,00 a 13,00 hs. Lugar: Centro Cívico do Castrillón Plaza de Pablo Iglesias s/n A CORUÑA ![]() Asistencia libre y gratuita. Los niños son bienvenidos. Más información: www.elpartoesnuestro.es opartoenoso@elpartoesnuestro.es El Parto es Nuestro es una asociación sin ánimo de lucro, formada por usuarios y profesionales, que pretende mejorar las condiciones de atención a madres y bebés durante el embarazo, parto y posparto en España y promocionar la lactancia materna. Para descargar el cartel aqui. Agradecemos difusión. Domingo, 28 de febrero del 2010Contra el cierre de la Unidad de Educación Maternal no hospital materno-infantil Teresa Herrera (A Coruña)
O pasado venres 26 de febreiro tivo lugar unha reunión convocada pola asociación Kanguras na que invitaban a todas as asociacións ou persoas interesadas en tratar as medidas reivindicativas a tomar frente ao peche da Unidade de Educación Maternal do hospital materno infantil da Coruña. Houbo representación nesta reunión de varias asociacións de mulleres da Coruña e alí estábamos OPEN tamén, había nais e algunha matrona e persoal sanitario.
Falouse de que o sergas so pretende trasladar a preparación ao parto á primaria, pero que se perde moita da labor que facía esta unidade do materno é dicir Eugenia Laiño, porque daba moitos mais servicios : apoyo a lactancia en planta , talleres postparto, menopausia, incontinencia,…e ofrecía a presencia diaria o que resolvía moitos problemas por exemplo de lactancia “no momento” sin ter que esperar unha cita. Acordouse que a primeira reivindicación debía ser que se manteña este servicio no mismo hospital Teresa Herrera, xa que según informou algun presente na reunión podería haber espacio no edificio para dar cabida a estas clases ainda que se ampliase a cafetería. Acordouse convocar unha manifestación pacífica e silenciosa para o lunes 1 de marzo as 11:30 na cafetería do hospital materno infantil Teresa Herrera á que vos animamos a asistir para tratar de frear esta merma na asistencia sanitaria as mulleres da Coruña. Tamén houbo acordo en que se debían planificar mais accións para seguir presentando batalla por esta causa, a próxima movilización se prevé para o día 6. Do que sexa que vaia pasando, continuaremos dando conta. Viernes, 12 de febrero del 2010Publicación do libro “Cesárea, más allá de la herida”![]() El Parto es Nuestro ten o agrado de comunicar a publicación do libro “Cesárea, más allá de la herida”, un traballo da artista Ana Álvarez-Errecalde impreso pola editorial Obstare en colaboración coa nosa asociación. “Cesárea, más allá de la herida”, xurdiu como un proxecto de El Parto es Nuestro para facer visible a pegada que deixa a cesárea en miles de nais. A través das imaxes belísimamente logradas e o conxunto de testemuños recolleitos para porlles voz, Álvarez -Errecalde convídanos a acompañar o percorrido interior destas mulleres anónimas. A cicatriz do corpo queda; podería desaparecer cos anos. A cicatriz da alma tarda en sanar e doe. Ana soubo plasmar esa ferida emocional con todos os seus matices, facéndonos partícipes do camiño de cada unha delas: dende a rabia até a aceptación. O seu traballo exquisito emocionounos profundamente e materializouse no libro que agora publica OBSTARE e á vez, na exposición fotográfica itinerante que estamos a preparar para a súa difusión e da que pode verse un adianto no blog de El Parto es Nuestro: www.blogelpartoesnuestro.com Confiamos, sabemos, que este traballo servirá para dar voz a moitísimas nais e será un paso máis para a anhelada erradicación das cesáreas innecesarias, que consideramos un claro exemplo de violencia obstétrica. Animámosvos a coñecer o libro, dispoñible xa en tendas e na páxina web de OBSTARE e a difundir a exposición, así como a comentar o traballo coa artista e coas mulleres de El Parto es Nuestro a través dos blogs da Asociación. El Parto es Nuestro é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por usuarios, usuarias e profesionais que pretende mellorar as condicións de atención a nais, fillos e fillas durante o embarazo, parto e posparto en España. Tamén se pode consultar: Web: El Parto es nuestro www.elpartoesnuestro.es Web: Ana Álvarez-Errecalde http://www.hangar.org/gallery/album484 Web: Obstare www.obstare.com Lunes, 4 de enero del 2010Reunións abertas primeiro semestre 2010: A CORUÑA e LUGO![]() A CORUÑA Centro Cívico do Castrillón Plaza de Pablo Iglesias s/n A Coruña Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00 9 de xaneiro 13 de febreiro 13 de marzo 10 de abril 8 de maio 12 de xuño LUGO Centro Social Maruja Mallo Rúa Carril das Hortas s/n Lugo Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30 30 de xaneiro 27 de febreiro 27 de marzo 24 de abril 29 de maio 26 de xuño Falemos de parto Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada ESTE SEMESTRE COMENZAMOS A REALIZAR REUNIÓNS ABERTAS EN LUGO. ESPERAMOSVOS !!
(Página 1 de 5, en total 74 entradas)
» página siguiente
|
Calendario
BuscarCategoríasSindica este blogAdministración del BlogSitios asociados |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
